Friday 03 de May de 2024

Axudas ao taxi no concello de Muxía


O Concello de Muxía convoca unhas axudas dentro do PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE MUXÍA COVID-19 e teñen como finalidade paliar os efectos negativos da crise sanitaria do coronavirus sobre o tecido económico e social do noso municipio, así como promover e facilitar a mobilidade dentro do termo municipal de Muxía por cuestión sociosanitarias.

Para optar ao beneficio destas axudas para a utilización de taxis, poderán ser preceptores, aquelas persoas que presenten unha mobilidade reducida, así como polo colectivo de persoas que vivan solas, ou que vivan co seu cónxuxe, maiores de 65 anos, que presenten dificultades de mobilidade, así como ausencia, imposibilidade de apoio familiar ou insuficiente e que non poidan facer uso, con carácter xeral de transportes colectivos.

O prazo de presentación será durante o presente ano, ata 31 de decembro de 2020.O Concello de Muxía convoca unhas axudas dentro do PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE MUXÍA COVID-19 e teñen como finalidade paliar os efectos negativos da crise sanitaria do coronavirus sobre o tecido económico e social do noso municipio, así como promover e facilitar a mobilidade dentro do termo municipal de Muxía por cuestión sociosanitarias.

Para optar ao beneficio destas axudas para a utilización de taxis, poderán ser preceptores, aquelas persoas que presenten unha mobilidade reducida, así como polo colectivo de persoas que vivan solas, ou que vivan co seu cónxuxe, maiores de 65 anos, que presenten dificultades de mobilidade, así como ausencia, imposibilidade de apoio familiar ou insuficiente e que non poidan facer uso, con carácter xeral de transportes colectivos.

O prazo de presentación será durante o presente ano, ata 31 de decembro de 2020.